ho! Qué?
O festival ho! nace no ano 2008 co único obxectivo de revalorizar e impulsar a música con marca lucense.
Dende o departamento de xuventude da deputación de lugo, obsérvase que a xuventude lucense, ten que exportar o seu talento fora da nosa provincia, debido ao baixo número de actividades ou proxectos que poidan integrar a ditos músicos ou grupos.
Compre resaltar que, debido ao conxunto de carencias culturais e de recursos que rexistran e apoian estas iniciativas, acaban por pasar desapercibidas para gran parte dos lucenses, resultando no descoñecemento e a existencia de ditos proxectos.
Por isto, e pola confianza e compromiso recibidos por cada grupo e cada músico, nace o proxecto ho!, co que se establecen as bases dunha idea necesaria que terá continuidade mentres sigan xurdindo aspiracións e propósitos dunha xuventude segura do seu talento.
Imaxes do Festival Ho!



